España sufrirá "a tensión da auga"
A tensión da auga quere dicir seca e desertificación. Significa que no futuro, á nosa lista de preocupacións, engadirase a falta de auga. Pero tamén o exceso: inundacións e crecidas de ríos. é a expresión que utiliza a Axencia Europea de Medio Ambiente (EEA) para cualificar o que vai sufrir nas próximas décadas España e todos os países da conca do Mediterráneo.A Unión Europea publicou un informe chamado "Impactos do cambio climático en Europa" que especifica as convulsións que vivirá o vello continente polo quecemento global. O estudo analiza a cantidade da auga que o home necesitou entre 1975 e 2006 e, doutra banda, mostra a evidencia de que as choivas serán moi intermitentes en Europa. Choverá pouco e necesitarase máis auga. "No mesmo período houbo un significativo incremento na demanda de auga en España (entre o 50% e o 70%) e nas áreas mediterráneas", asevera o informe. E as predicións de futuro van en liña ascendente. "A demanda crecerá cada vez máis, especialmente no sur onde a necesidade de auga para a agricultura é maior. Con ela, desenvolverase unha competición por este ben entre os distintos sectores (turismo, agricultura, enerxía) e usos".
Aínda que o informe vaticina desertización para España, o estudo tampouco nos libra dos desbordamentos dos ríos. Haberá un incremento porque a alternancia entre períodos de seca e precipitacións torrenciais fai a España máis propensa a estas inundacións. Para 2080 prognostica que entre 2000 e 4000 persoas veranse afectadas as inundacións nas zonas costeiras pola subida do nivel do mar en Andalucía, Galicia, as Illas Baleares e Asturias. A rexión máis afectada será o País Vasco: entre 4000 e 8000 persoas poderán ser vítimas da subida do mar.
Para mitigar todos estes problemas o informe aposta tanto pola redución do CO2 como pola adaptación ás consecuencias do cambio que xa non se poden remediar. "O 90% de todos os desastres que sucederon en Europa desde 1980 están directa ou indirectamente relacionados co clima e representan o 95% das perdas económicas causadas por catástrofes", sinala o informe.
Para evitar estas perdas ponse tres metas: a primeira, unha maior vixilancia, monitorización e estudo dos cambios a nivel internacional; a segunda, estabilizar o clima para 2020 por baixo dos dous graos centígrados con respecto aos niveis pre industriais "para evitar consecuencias irreversibles na sociedade e nos ecosistemas". Por último, fai fincapé na adaptación.
Podes ver o informe completo no seguinte enlace: http://reports.eea.europa.eu/eea_report_2008_4/en/
Fonte: El País


Os países en desenvolvemento son máis vulnerables aos cambios climáticos que os países ricos e os pobres son os que están máis expostos aos fenómenos climáticos extremos, como inundacións, secas e tormentas. Prevese que o cambio climático xerado polas actividades humanas aumente a variabilidade climática e impacte en forma negativa a produtividade agrícola nas rexións tropicais e subtropicales, reduza a cantidade e a calidade da auga na maioría das rexións áridas e semiáridas, aumente a incidencia do paludismo, o dengue e outras enfermidades transmitidas nas rexións tropicais e subtropicales; ademáis de degradar os sistemas ecolóxicos e a súa biodiversidade. Por outro lado, a subida do nivel do mar a causa do aumento de temperatura que se espera podería provocar o desprazamento de decenas de millóns de persoas e por en perigo a existencia de distintos núcleos poboacionais; como por exemplo os poboadores das zonas baixas dos deltas dos ríos Ganges e Nilo. 

