lunes, 9 de noviembre de 2009

17.000 especies en todo o mundo atópanse ameazadas

A última actualización da Lista Roxa de Especies ameazadas da Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN), organización ecoloxista WWF, amosa que o 36% das especies avaliadas, cerca de 47.000 se atópan ameazadas.
A lista roxa da UICN de especies ameazadas evalúa o estado de conservación das especies, subespecies, variedades e incluso algúnhas subpoboacións seleccionadas a escala mundial. Este listado fai unha clasificación das especies segundo o estado da súa poboación e os niveis de ameaza; ademáis de mostrar os efectos que están tendo sobre as especies a pérda de hábitat, a sobreexplotación, os contaminates e o cambio climático.
A actualización da lista amosa que menos da metade de especies, anfibios, mamíferos, aves e réptiles se atopan ameazadas. As prantas son os organismos máis afectados, estando actualmente ameazadas o 70% das especies vexetais.
En España o exemplo máis destacado é o caso do Lince Ibérico, catalogado como perigo crítico de estinción, sendo o felino máis ameazado do mundo, segundo afirma a organización WWF.