miércoles, 14 de febrero de 2007

O NIVEL DO MAR, O QUE MÁIS PREOCUPA EN GALICIA

03/02/2007 (A Voz de Galicia. Firma: Juan Ramón Vidal Romaní)
O cambio climático é un dos temas mais polémicos no mundo científico e que máis preocupan á opinión pública. O informe da ONU presentado onte involucrou por primeira vez aos dirixentes de todos os países. Deste consenso case xeral, algúns dos países mais poderosos, entre os que destaca EE.UU., desmarcáronse ata agora por razóns diferentes.

Os expertos representan a unha gran variedade de investigadores de moi diversos campos: química, física, climatoloxía, oceanografía, xeoloxía... As conclusións ás que chegaron dunha relación directa entre as actividades humanas industriais e o cambio climático son, con todo, compartidas por todos os participantes con diversos matices.

Por unha banda, o elevamento do nivel do mar xeneralizado a todo o mundo é a que máis nos preocupa aos galegos por motivos obvios. Afectaría a todas as principais poboacións de Galicia, aínda que as previsións para o ano 2100, entre 0,5 e 1,4 metros, non supoñen para os habitantes da costa máis que unha progresiva destrucción das praias, dando a razón ás previsións da Xunta de non construír na zona inmediata á beira. Ademais da destrucción das praias, produciríase un avance dos campos de dunas cara ao interior, aínda que como a maior parte delas desapareceron pola explotación dos areais ou da construcción sobre os mesmos non supoñería outro efecto que o de que construccións agora afastadas da beira situaranse en primeira liña de praia. A subida do nivel do mar produciría outros efectos como unha salinización das augas en rías ou estuarios que agora se ven moi afectadas por precipitacións intensas, como ocorreu no verán cos bancos marisqueiros. A mortandade prodúcese por eses aportes de grandes cantidades de auga doce que a subida do nivel do mar iría minimizando cada vez mais. Outro efecto é a salinización dos acuíferos de auga doce situados ao nivel do mar. Novamente, salvo casos puntuais (O Grove), non hai acuíferos deste tipo en Galicia, polo que tampouco este efecto tería maior incidencia.
A costa rocosa en Galicia é dominante, polo que outro efecto do ascenso do nivel do mar en Galicia non tería no seu maior parte efectos de retroceso da costa. Pode dicirse que o aumento do nivel do mar de acordo coas previsións non son graves neste aspecto. Cambios nas precipitacións é outro dos efectos esperados como consecuencia do incremento da temperatura. Trataríase dun aumento na intensidade e volume de precipitacións que caerían en Galicia. Ata o momento este tipo de fenómenos viu esaxerados os seus efectos cando coinciden con incendios, con tallas masivas de grandes superficies de arbolado. Os efectos que se puideron observar o verán pasado en Cee como os que ocorreron na zona de Muros-Esteiro (en 1994) son un exemplo do que podería suceder na zona costeira galega se non se coida a cuberta forestal, se se descoidan os desagües dos ríos ou as canles de drenaxe normal, o que non se fixo ata o momento aterrándoos, construíndo sobre eles estradas, camiños, obstruíndoos con muros ou paredes. Este efecto, debido ao relevo de Galicia, é esperable que ocorra na maior parte do territorio. A nosa dependencia da choiva de cada ano para a reposición dos nosos acuíferos, de onde procede a auga que necesitamos, non se vería gravemente alterada polo cambio climático, pois o réxime de choivas por moitas modificacións que se produzan nunca faltará en Galicia, xa que é o efecto topográfico da nosa costa fronte ás masas de aire húmidas que traen auga do Atlántico. Aí está, e aí permanecerá para sempre.

COLABORAS PARA COMBATER O CAMBIO CLIMATICO?, COMO?

Parece que si estamos ante un cambio climático, cada un de nos podemos facer algo por loitar contra estes cambios, axudar a sostenibilidade planeta, do país, do noso pobo, ao medio ambiente, a nos mesmos.

COLABORAS PARA COMBATER O CAMBIO CLIMATICO?, COMO?

Apagas as luces?, apagas a computadora, e o monitor?, usas o bus?, vas andando?, tes a calefacción a 19º?, apagas o coche nos atascos?, mercas electrodomésticos de baixo consumo?, ...... qué fas para combater o cambio climático?