Os sindicatos a nivel internacional comprométense en Zaragoza a loitar contra o cambio climático e a súa repercusión nos traballadores
A Conferencia Sindical Internacional sobre "O cambio climático e as súas repercusións nos traballadores" finalizou o pasado sábado en Zaragoza tras unha xornada de tres días. Neste encontro, os sindicatos de todo o mundo e as súas confederacións internacionais comprometéronse a loita contra o cambio climático.
O cuarto Informe de Avaliación do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) sinalou con rotunda claridade que xa non hai dúbidas de que a ameaza dun cambio no clima é real e de que está producido pola acción humana. Neste sentido o secretario xeral da Confederación Sindical Internacional, Guy Ryder, sinalou que se pode evitar que o quecemento global supere os dous graos e conseguir a estabilización das emisións de dióxido de carbono na atmosfera si se dedican medios suficientes usando tecnoloxías dispoñibles actualmente. Por iso é necesario promover outras novas formas non contaminantes de producir e consumir, "especialmente no ámbito do uso da enerxía, reorientando a utilización de materias primas e combustibles", tendo en conta ademáis a desigual situación entre os países desenvolvidos respectos os países do sur.
Neste contexto os sindicatos sinalaron que se comprometen co proceso mundial para deseñar un novo acordo en Copenhague 2009, que dea continuidade ao Protocolo de Kyoto, cuxo primeiro período de cumprimento culmina en 2012, que sirva para evitar un cambio climático catastrófico e expuxeron algunhas esixencias desde un punto de vista social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario