Vacas ecoloxicas
Hai unha boa explicación para que as vacas que aparecen nestas fotos leven esas estrañas mochilas sobre o lombo. Resulta que nos están axudando a reducir os efectos do quecemento global sobre o noso planeta. As mochilas son en realidade depósitos que uns científicos arxentinos colocaron ás vacas para almacenar o gas que emiten estes animais. Digamos que, cando as reses se atopan satisfeitas facendo a dixestión, producen gas metano que a longo prazo se acumula na atmosfera. Cabe destacar que en países como Arxentina o gando mediante as suas “ventosidades” produce o 30% das emisións gases de efecto invernadoiro.
Grazas ás mostras recollidas das mochilas, estes investigadores estudan a forma de reducir a cantidade de metano nos gases bovinos. O resultado das análises permitiralles escoller cal é a dieta máis propicia para os animais. Posto que a clave pode estar en pequenos cambios, está a experimentarse con alfalfa, trevo ou penso sen gran (que é máis difícil de dixerir) entre outros plans alimenticios.
O dilema reside en se a ciencia ten que progresar para o noso benestar a calquera prezo, sendo os que pagan este custo os mais indefensos ou os que non teñen capacidade para protestar, ábrese un debate ético-moral no que cada un ten unha opinión, eu xa teño a miña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario