Os españoles somos dos europeos menos informados sobre o cambio climático
Os españois somos, xunto cos cidadáns romaneses e búlgaros, os europeos menos informados sobre as causas e consecuencias do cambio climático, segundo o Eurobarómetro.
A sondaxe realizouse entre marzo e maio a partir de entrevistas a máis de 30.000 persoas que residen nos estados membros e os tres países candidatos ao ingreso (Croacia, Turquía e Macedonia). Nel revélase que o cambio climático está considerado polo 62% dos europeos como o segundo problema global "máis grave", tras a pobreza. Así, mentres na maioría de estados membros os problemas máis graves mencionados son, por orde, a pobreza e o cambio climático, en España indícase en primeiro lugar a escaseza de recursos (mencionado polo 70%), seguido do terrorismo internacional (64%) e o quecemento global (61%). Os españois son os máis ignorantes en cuestións coma se o quecemento global pódese frear (algo que o 18% dos enquisados di non saber), ou se a loita contra ese problema producirá efectos positivos para a economía (o 39% afirma ignoralo, só superados polos turcos, co 41%).
A maioría de europeos (55%) son conscientes do impacto das emisións de CO2 sobre o cambio climático, mentres que a porcentaxe en España sitúase no 40%. En cambio, un 29% dos españois di non saber se ese factor pode ter unha repercusión sobre o quecemento global (só superados polos romaneses e os malteses).
A sondaxe pon de relevo que unha ampla porcentaxe de cidadáns europeos cre que non se está facendo o suficiente para combater o problema. En particular, o 76% dos enquisados na UE denuncia que as empresas non están a tomar suficientes medidas respecto diso e o 64% acusa os gobernos dun compromiso insuficiente. A maioría, o 58%, pensa ademais a Unión Europea non fai o bastante para loitar contra o quecemento global.
Fonte: Diario El País
No hay comentarios:
Publicar un comentario