jueves, 25 de septiembre de 2008

O CAMBIO NO INSTITUTO


O pasado 12 de setembro aprobou a creación do Instituto de Investigación sobre Cambio Climático en Zaragoza (IICC) co obxetivo de instaurar un centro de excelencia científica nacional e internacional que sirva de colofón e aposta de futuro á Exposición Universal de 2008.

A localización do Instituto en Zaragoza simboliza o compromiso da cidade coa lema da Expo 'Auga e Desenvolvemento Sustentable' e un recordo vivo e permanente sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía unido aos desafíos da auga, temas debatidos con rigorosidade e profundidade durante a Expo 08.

Este centro de investigación dedicarase a impulsar a análise e a investigación do cambio climático en España, coordinando e complementando as iniciativas existentes e promovendo o desenvolvemento de ferramentas de modelización e prospectiva que axuden a mellorar o proceso de toma de decisión nas políticas de loita contra o cambio climático. A creación do Instituto en Zaragoza responde a unha gran opción estratéxica para España, e representa un instrumento crave para reforzar e integrar o I D i sobre cambio climático.

O Instituto establecerase como un Organismo Autónomo dependente da Secretaría de Estado de Investigación e, dentro do seu plan de traballo, nos próximos meses constituirase o comité científico cuxa finalidade será desenvolver o programa científico inicial presentado polos Ministerios de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, e de Ciencia e Innovación.

No hay comentarios: