Si contribues a frear o cambio climático contribues a paliar a fame no mundo.

Hoxe saíu publicado que máis de 900 millóns de persoas pasan fame no mundo, se as expectativas dos efectos do cambio climático se cumplen, esta cifra aumentaría significativamente, tendo as súas repercusións non só nos países subdesenrolados, sinon a nivel global. É por isto, entre outras moitas razóns, polo que nos atopamos nunha situación na que todos e cada un de nós debemos actuar para poder frear o cambio climático. A solidaridade exténdese a tódoslos ámbitos, non só a nivel económico.
A imaxe que colgo hoxe é unha das máis coñecidas do fotógrafo Kevin Carter e é unha das que máis me impactou na miña vida (se tedes oportunidade leede a historia desa foto). Inda así buscando unha imaxe que dixera moito con ningunha palabra atopei centos, moitísimo máis impactantes (máis ben tristísimas, que horrorizaban, que feren sentimentos, que choras o velas, que te das conta da "sorte" que tes, que sintes medo, e non sei cantas cousas máis) pero que decidin non colgar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario