lunes, 29 de septiembre de 2008

España sufrirá "a tensión da auga"

A tensión da auga quere dicir seca e desertificación. Significa que no futuro, á nosa lista de preocupacións, engadirase a falta de auga. Pero tamén o exceso: inundacións e crecidas de ríos. é a expresión que utiliza a Axencia Europea de Medio Ambiente (EEA) para cualificar o que vai sufrir nas próximas décadas España e todos os países da conca do Mediterráneo.

A Unión Europea publicou un informe chamado "Impactos do cambio climático en Europa" que especifica as convulsións que vivirá o vello continente polo quecemento global. O estudo analiza a cantidade da auga que o home necesitou entre 1975 e 2006 e, doutra banda, mostra a evidencia de que as choivas serán moi intermitentes en Europa. Choverá pouco e necesitarase máis auga. "No mesmo período houbo un significativo incremento na demanda de auga en España (entre o 50% e o 70%) e nas áreas mediterráneas", asevera o informe. E as predicións de futuro van en liña ascendente. "A demanda crecerá cada vez máis, especialmente no sur onde a necesidade de auga para a agricultura é maior. Con ela, desenvolverase unha competición por este ben entre os distintos sectores (turismo, agricultura, enerxía) e usos".

Aínda que o informe vaticina desertización para España, o estudo tampouco nos libra dos desbordamentos dos ríos. Haberá un incremento porque a alternancia entre períodos de seca e precipitacións torrenciais fai a España máis propensa a estas inundacións. Para 2080 prognostica que entre 2000 e 4000 persoas veranse afectadas as inundacións nas zonas costeiras pola subida do nivel do mar en Andalucía, Galicia, as Illas Baleares e Asturias. A rexión máis afectada será o País Vasco: entre 4000 e 8000 persoas poderán ser vítimas da subida do mar.

Para mitigar todos estes problemas o informe aposta tanto pola redución do CO2 como pola adaptación ás consecuencias do cambio que xa non se poden remediar. "O 90% de todos os desastres que sucederon en Europa desde 1980 están directa ou indirectamente relacionados co clima e representan o 95% das perdas económicas causadas por catástrofes", sinala o informe.

Para evitar estas perdas ponse tres metas: a primeira, unha maior vixilancia, monitorización e estudo dos cambios a nivel internacional; a segunda, estabilizar o clima para 2020 por baixo dos dous graos centígrados con respecto aos niveis pre industriais "para evitar consecuencias irreversibles na sociedade e nos ecosistemas". Por último, fai fincapé na adaptación.

Podes ver o informe completo no seguinte enlace: http://reports.eea.europa.eu/eea_report_2008_4/en/

Fonte: El País

No hay comentarios: