O cambio climático e as poblacións indíxenas
As solución o quecemento gobal baseadas na lóxica do mercado amezan dereitos e medios de vida dos pobos nativos, así o concluíu o Foro Indíxena Latinoamericano sobre o Cambio Climático, tras unha reunión levada a cabo a semana pasada en Costa Rica
As propostas de gobernos e ONG internacionais como o mecanismo de desenrolo limpo e a Reducción de Emisións de Carbono Causadas pola Deforestación e a Degradación dos Bosques (REDD) "constitúen novas formas de xeopolítica económica" que poñen en xogo dereitos indíxenas consagrados en tratados, según a declaración final da reunión.
Estados e empresas transnacionais promoven "represas, agrocombustibles, exploracións petrolíferas, plantacións forestais, monocultivos" que causan "expropiacións e destrucción do nosos territorios". O cambio climático débese " a un modelo de desenrolo que forzou os pobos indíxenas a pobreza", añadíu.
Os principais danos que sofren son a falta de alimentos, a causa das sequías e inundacións, e a pérdida de identidade cultural.
América Latina conta cuns 400 pobos indíxenas, que suman uns 45 millóns de persoas.
Mediante a iniciativa REDD, os países máis ricos pagarían para manter bosques de rexiósn tropicais como forma de compensar as súas emisións de carbono. Os nativos constatan que "a gran maioría dos sitios que están propoñendo os gobernos e algunhas ONG para participar no mecanismo REDD, localízanse en territorios indíxenas". Esto demostra que son os territorios mellor conservados, pero urxe a necesidade de defender as garantías da Declaración de Nacións Unidas sobre Dereitos dos Pobos Indíxenas, especialmente as "territoriais, a libre determinación e o consentimento libre, previo e informado".
As esperanzas están postas na Confederación Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Madre Terra, organizada polo goberbo de Bolivia para o mes de abril e concebida como un camiño alternativo as solucións exploradas ata ahora pola comunidade internacional.
As negociacións oficiais retomaránse na conferencia que calebrará Nacións Unidas en novembro en México, tras o fracaso da reunión anterior que se celebrou en decembro en Copenhague.
No hay comentarios:
Publicar un comentario