lunes, 29 de marzo de 2010

En España, seis millóns de persoas apagaron as luces durante a Hora do Planeta WWF

Máis de mil millóns de persoas de todo o mundo participaron o sábado na maior campaña de sensibilización contra o cambio climático. O apagón comezaba nas Illas Chatman (Nueva Zelanda) e acabou nas Illas Cook. En España, 6 millóns de cidadáns apagaron as luces durante a Hora do Planeta de WWF.
Coa Hora do Planeta, WWF conseguiu superar tódolos récords, implicando a máis de 4.000 cidades de 126 países. Pero, ademais, a masiva participación pública e a presencia multitudinaria de millóns de persoas nas rúas, confirman que a Hora do Planeta instaurouse xa no mundo coma o movemento cidadá de referencia e símbolos da loita contra o cambio climático. Aínda que polo momento non se pode facer estimacións oficiais, máis de mil millóns de persoas apagaron as luces e uníronse ás propostas de WWF en esa noite máxica en todo o mundo.
Nas máis de 200 cidades españolas inscritas na campaña que apagaron os seus monumentos e edificios, 6 millóns de persoas deixaron a escuras as súas casas, é dicir, o 10 % dos fogares, e uns 20.000 cidadáns saíron as rúas para celebrar na penumbra a festa do planeta. En Madrid, Barcelona, Granada, Sevilla, Córdoba, León, Guadalaxara, Alicante e Salamanca WWF desplegou as súas actividades. Da mesma forma, xusto despois de escurecer as cidades, un manifesto polo planeta foi lido por tres xeracións, coma mostra da responsabilidade de todos e a necesidade de actuar xuntos. Na capital tamén se celebrou a 1ª Carreira polo Planeta no Parque de Retiro, que contou coa participación dunhas 500 persoas.
Para Juan Carlos del Olmo, Secretario Xeral de WWF España, "Nunca antes na historia unha ONG había mobilizado a tantas persoas á vez no mundo, clamando ó unísono para que se tomen medidas urxentes e eficaces contra o cambio climático. Unha mensaxe que os políticos non poden desoír".
Miguel Ángel Valladares, Director de Comunicación da organización, declarou: " A máxica noite do 27 de marzo, aínda que na penumbra, quedou sempre iluminada coa participación de millóns de cidadáns na maior campaña de mobilización xamais organizada. Un éxito sen precedentes imposible de alcanzar sen a participación comprometida dos medios de comunicación e a difusión online a través das redes sociais".

No hay comentarios: