O tectán, un material para a sustentabilidade
Fabrícase a partir de residuos de briks e permite múltiples aplicacións
O tectán é un material aglomerado obtido a partir da reciclaxe de residuos de Tetra Pak (briks). O seu uso estase facendo cada vez máis común, xa que supón grandes beneficios para o medio ambiente ó evitar o consumo de recursos naturais como a madeira.
A produción e uso deste material atópase cada vez máis estendido en Europa. A tecnoloxía para a súa fabricación tivo a súa orixe en Alemaña, gracias ó impulso dado pola propia empresa Tetra Pak. Tamén China e algúns países sudamericanos, como Chile, impulsaron a súa fabricación e uso como material recomendable para a protección do medio ambiente.
Os produtos fabricados con tectán posúen a mesma calidade e resistencia que os produtos fabricados con madeira, e a súa presentación tamén é similar, xeralmente en forma de táboas ou pranchas de 30x30x1 cm coas que se fabrican mobles, mesas e cadeiras, etc. As propiedades deste material confiren resistencia e durabilidade ós artigos confeccionados, é reciclable ó 100% e non incorpora produtos tóxicos ou perigosos. Ademais, o tectán non se astilla nin se greta, non conduce a electricidade e é inaccesible á acción de fungos ou insectos, o que o convirte nun material con múltiples aplicacións.
O proceso de fabricación do tectán pasa polas seguintes etapas:

- Os briks sepáranse do resto de envases, lávanse para eliminar impurezas e restos de alimentos, sécanse e son triturados en pequenos fragmentos duns 3 mm. A continuación esténdense nunha capa de espesos desexado.
- O material prénsase e quéntase ata unha temperatura de 170ºC. Durante o prensado contrólase a temperatura e a presión aplicada.
- A calor funde o polipropileno (PP) unindo a fibra densamente comprimida e os fragmentos de aluminio nunha matriz elástica, sen necesidade de engadir ningún tipo de cola ou produtos químicos.
- A matriz resultante sométese a un proceso de arrefriamento moi rápido, formando un duro aglomerado cunha superficie de acabado brillante e impermeable.
2 comentarios:
I apologise, but, in my opinion, you are mistaken. I can prove it. Write to me in PM, we will discuss.
Hola !! Gusto en saludarles por casualidad tienes informacion relacionada a la maquinaria que se utiliza para la fabricaciòn de estas laminas.
Gracias y Saludos
Publicar un comentario