miércoles, 14 de abril de 2010

A industria galega cumpre por primeira vez o Protocolo de Kioto


A industria galega cumpriu o pasado ano por primeira vez o Protocolo de Kioto. As 62 instalacións industriais que participaron por lei no comercio de dereito de emisións, un dos mecanismos establecidos no tratado de kioto aínda en vigor, liberaron a atmósfera menos gases de efecto invernadoiro, fundamentalmente dióxido de carbono, que a cuota que tiña asignada, algo que ata o de agora non se conseguira dende que o sistema se puxo en marcha no ano 2005.

En concreto as empresas galegas emitiron no 2009, 374.986 toneladas de CO2 menos cá cuota de 11.198.232 toneladas que tiña asignadas. Os 10,82 millóns de toneladas de CO2 que finalmente se escaparon a atmósfera supoñen tamén unha reducción dun 10,77% con respecto os 12,3 millóns liberados o longo do 2008.

Este cumprimento de obxectivos, con todo, non é uniforme, nin no que se refiere os sectores productivos, ni nas empresas. A excepción a positiva evolución xeral procede do ámbito das instalacións adicadas a producción de enerxía eléctrica, cuxo peso (o72%) é o máis importante no conxunto global. Os centros de producción emitiriosn 580.443 toneladas máis das que tiña dereito, un 7,9% por encima do cupo. Esta cifra podería ser oito maior ainda se nos fora por dúas razóns fundametnais: a crise que disminuiu o consumo de enerxía eléctrica o pasado ano, e o maior protagonismo das enerxías renovables (principalmente eólica e hidráulica) fronte a quiema de combustibles fósiles como o carbón, o fuel ou o gas.
Ainda así, o sector eléctrico no 2009 tivo un comportamento mellor que no 2008, xa que en números absolutos foi o que menguou máis as súas emisións: algo maís dun millón de toneladas, un 11% menos.
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios: