O quentamento global en España
As temperaturas medias subiron na peninsula Ibérica o redo de 0,5 ºC por decenio dende 1975, cantidade similar á que se rexilstrou en Europa, pero un 50% superior o quentamento do resto do hemisferio norte e casi tres veces máis cá media do planeta. Así o indica o informe Clima en España: pasado, presente e futuro, elaborado pola Red Temática Clivar, presentado onte pola Secretaría de Estado de Cambio Climático.As conclusión preven para finais do século XXI en España un aumetno das temperaturas de ata 6ºC ne verán e de 2-3ºC en inverno, un 50% menos de precipitación de promedio, principalmente en verán, un incremento da aridez e períodos máis longo de eventos extremos, como precipitación e sequías.
Sen embargo, segundo informou Ileana Blade, investigadora da Universidade de Barcelona e que forma parte da Rede Clivar, na actualidade as temperaturas medias en España atópanse nun período de "estancamento". " Aínda que aumenten as temperturas, poderemos seguir vivindo momentos de estancamento e anos con invernos moi fríos". E agregou que o quentamento foi uniforme en tódalas estacións do ano, pero que nos últimos 30 foi moito máis pronunciado en primavera e verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario