jueves, 15 de abril de 2010

Puma reinventa o packaging de zapatos


Moitas veces as pequenas cousas son as que marcan a diferenza. Para Puma un cambio total no seu packaging de zapatos confirmouno. A marca leva case dous anos pelexándose con 2.000 ideas e 40 prototipos para reinventar a caixa de zapatos de toda a vida e parece que xa dou cunha solución.
Traballando xunto co deseñador industrial Yves Béhar, Puma ven de crear un envoltorio que utiliza un 65% menos de cartón que antes e elimina o laminado para facilitar a reciclaxe. Ademais, tamén prescindiu do papel de seda que normalmente envolve o calzado.



A compañía tamén prescindirá das bolsas de plástico e, no seu lugar, utilizará un envoltorio creado con PET reciclado.

"Durante 21 meses, estudamos caixas e sistemas de distribución. Cómo dobralos, cómo transportalos e cómo reducir o espacio que ocupan. Ó final decidimos quitalo completamente de en medio. Creamos a "clever little bag" (pequena bolsa intelixente). ¿Por qué é intelixente? (...). A estrutura de cartón está creada de unha peza sen necesidade de utilizar outros materiais. A bolsa non está cosida, o que significa menos traballo e menos residuos. A bolsa, ademais, é un elemento potente de branding. Cando compras algo dunha tenda, sales con ela en vez dunha bolsa de plástico e tamén se empregará posteriormente para gardar os teus zapatos en maletas", explica Behar no seu blog.
A compañía estima que con este cambio aforrará 8.500 toneladas de papel, 20 millóns de mega joules de electricidade, un millón de litros de auga, 500.000 litros de gasóleo e 275 toneladas de plástico.
Estes cambios introduciranse a partir de 2011.


Pero estas non son as únicas propostas que introduciu a marca:
  • As camisetas dóbranse unha vez máis do normal para reducir o packaging nun 45%.
  • O packaging da roupa está creado con estrato de millo biodegradable.
  • O envoltorio de novo móbil de Puma é 100% reciclable.

No hay comentarios: