O 20% dos alimentos con soia e millo están contaminados por transxénicos
Según datos da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutricional (AESAN) o redor do 20% dos alimentos a venta nos supermercados que conteñen millo ou soia están contaminados transxénicamente, sen que figure na etiqueta.
Ata esta semana, o único organismo modificado xenéticamente e autorizada a súa plantación na Unión Europea (UE) era o millo transxénico MON810, do que España é o único país que o cultiva a gran escala. Sen embargo estaban permitidos a importación de varios tipos de millo e soia transxénicos.
Según datos de AESAN, como resultado disto ata o 20% dos alimentos que conteñen estos ingredientes están contaminados por transxénicos, sin que este dato figure na etiqueta e polo tanto o consumidor teña constancia delo.
A aprobación este martes dun novo cultivo transxénico engade novos riscos alimentarios noutro alimento, a pataca, unha variedade modificada xenéticamente para uso industrial e con graves incertidumes para a saúde. A propia multinacional que comercializa esta pataca BASF, na súa solicitude de autorización asegura que "non se pode descartar que esta pataca sexa usada ou remate aparecendo na alimentación". Demostrándonos a experiencia no cultivo de millo que a sura separación total durante a colleita, recollida, almacenamento, transporte e procesado é unha utopía.
A pataca transxénica aprobada (co nome de Amflora), está modificada xenéticamente para producir unha maior proporción de amiloptecina, un almidón que se usa en procesos industriais, como a frabricación de papel.A Axencia Europra do Medicamento e a Organización Mundial da Saúde advertiron que a entrada desta pataca na nosa alimentación suporía un grave risco sanitario, xa que contén xenes resitentes a antibióticos.
España é o único país da UE no que está autorizado o cultivo de millo transxénico a gran escala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario