lunes, 8 de marzo de 2010

No último ano España superou os niveis máximos de ozono en solo fixados pola UE

Os datos da Axenxia Europea de Medio Ambiente confirman que España excedeu durante o 2009 os umbrais de alerta de 240 um por metro cúbico no nivel de concentración na atmósfera marcados na UE. Neste aspecto España sitúase o mesmo nivel que Bulgaria, Francia, Grecia, Italia, Portugal, Reino Unido e Rumania.


Un total de 18 Estados membros manifestaron un exceso de umbral de información (180 um por metro cúbico). Belxica, Grecia, Italia e Protugal rexistraron un maior número de excesos.
O record de niveis baixos no 2009 a escala de Europa produciuse a pesar da media de temperaturas de verán, próximas as extremas rexistradas no verán do 2003, cando se deu o máis alto número de excesos na última década.

Os resultados diferentes dos dous veráns poderían ser debidos a diversos factores porque a formación de ozono está determinada por varias condiciósn metereolóxicas, así como a composición química da atmósfera. Sen embargo, parece que as reduccións do ozono antropoxénico, que é precursos das emisions de gases en Europa, contribuiron de xeito significativo o descenso xeral nas concentracións de ozono máximas.

O ozono é unha capa protectora na estratosfera, sen embargo a nivel do solo é un peligroso contaminante que afecta a saúde. As emisións de ozono proceden das centrais enerxéticas, dos vehículos, así como de determinadas pinturas e disolventes.

No hay comentarios: