A Atrazina como pesticida
A atrazina, é o pesticida máis común para combater as malas herbas nos cultivos agrícolas e nos campos de golf.
Un estudo levado a cabo, con ras de uñas africanas (Xenopus laevis), pola Universidade de California e varios centros de investigación biolóxica de estados unidos, acaba de demostras que este produto convierte en femias funcionais aos machos dalgúnhs anfibios ou lles provoca unha castración química, o que ameaza con estiguir a especie.
Os investigadores observaron nos machos unha caida nos niveis de testosterona, unha reducción do tamaño da glándula reproductora e un descenso na cantidade de esperma producido e no índice de fertilidade.
Outro aspecto destacable desta investigación é que o 10% das ras machos expostas a este pesticida desenvolveron funcións reproductoras propias de femias, o que lles permitiu aparearse e producir ovos viables, segundo explicaron os investigadores. Sen embargo, o tratárense xenéticamente de machos, éstos só poden ter descendencia masculina, o que a larga pode levar a extinción da especie.
Na Unión Europea a atrazina está prohibida, aínda así é o pesticida máis usado no resto do mundo. Só en EEUU, cada ano utilízanse máis de 35.000 toneladas de pesticidas, entre eles a atrazina, unha sustancia que pode transportarse pola choiva a unha distancia superior a 1.000 Km dende onde se empregou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario