Electrodomésticos verdes
Os electrodomésticos verdes, de baixo consumo ou eficientes son eses aparatos que consumen menos enerxía cós normais porque utilízana eficientemente; ademáis disto tamén consumen menos ozono (os refrixerantes que usan non son clorados) e menos auga.
Os consumidores podemos recoñecelos porque na etiqueta ecolóxica, obrigatoria para todo aparello do fogar que se venda dende o ano 1995 na UE, leva unha letra A (en verde oscuro) que indica un aforro de enerxía do 25% en frigoríficos, conxeladores e lavadoras; un 23% en lavavaixelas e un 7% en secadoras.
Por contra os aparellos que leven a etiqueta G (en roxo) consumen ata un 125% máis que a media; o que aínda que o seu prezo sexa máis barato o longo da súa vida útil, ese aparello poder costar ata tres veces máis caro cos modelos eficientes.
Ademáis das distintas letras indicativas de eficiencia, as etiquetas inclúen, ademáis un texto explicativo sobre os niveis de ruido, o consumo de auga ou a reciclabilidade de materias usados (aínda que estes datos non aparecen de modo comparado como sí ocorre cos códigos enerxéticos de cores e letras).
A historia destes aparellos iníciase a finais dos anos 80, cando algunhas marcas alemanas, lanzáronse a carreira tecnolóxica para mellorar o rendemento enerxético das súas máquinas. Era unha aposta arriesgada porque os aparllos aforraban diñeiro en electricidade e auga a larga, pero a hora de mercalos o seu custe era máis caro. Con todo, o apoio da Comisión Europea (que no ano 1992 publicou a Directiva sobre etiquetado enexético que simplificaba a información o consumidor); así como as subvencións das institucións xermanas, as súas campañas de información e a concienciación ambiental dos alemáns acabarían revolucionando o mercado desde mediados dos anos 90 en Alemania e otros países da UE.
España, Italia e Reino Unido levan un retraso na comercialización desta tecnoloxía e nin tan siquera contan con estadísticas fiables sobre a venta ou utilizacion de electrodomésticos eficientes. Según os fabricantes esto débese a que nestes países non existiron suficientes subvencións e campañas de información por parte das Adminsitracións públicas.
Ata a hoxe a Administración central levou a cabo dous programas de axudas a compra de aparellos eficientes. Está en proxecto un tercer programa que permitirá recuperar unha parte da compra de aparellos A (cun máximo de subvención de 100 euros).
No hay comentarios:
Publicar un comentario