jueves, 18 de marzo de 2010

A Xeotermia profunda comeza a súa andadura en España

A xeotermia profunda é un recurso enerxético inagotable e respetuoso co medio ambiente que actualmente se atopa en fase de desenrolo no noso país.

A xeotermia profunda trata de aproveitar a calor producida polas profundidades da terra para dous fins. Por un lado a captación de calor para a súa distribución en redes de distrito, para o cal se buscan xacementos de entre 80 e 100ºC e por outro, para a producción de enerxía eléctrica, a través de xacementos con temperaturas superiores ós 100-150ºC, que quentan a auga circulante de tal maneira que se convirte en vapor de auga que move unhas turbinas mediante as cales se xenera electricidade.



A xeotermia profu
nda, como fonte enerxética, non queda por tanto limitada ás zonas volcánicas nin a acuíferos termais, senón que é aplicable en calquera tipo de terreo, coma pode ser o de España, realizando perforacións típicamente entre 3.000 e 5.000 metros de profundidade.
A xeotermia é un recurso enerxético emerxente inagotable, limpo e respetuoso co medio ambiente. Unha fonte de enerxía emerxente que a día de hoxe se atopa aínda en fase de desenrolo en España. As aplicacións xa coñecidas de uso da xeotermia para aplicacións no campo da climatización e aporte de auga quente sanitaria a través de bombas de calor xeotérmicas, hai que engadir polo tanto o potencial da xeotermia profunda.
A empresa Energía Xeotérmica, grazas a un acordo cunha compañía alemá, posicionouse para participar en todos os proxectos que se desenrolen en España, tanto de calefacción de distrito, como para realizar a primeira planta eléctrica procedente da xeotermia profunda no noso país e introducir en España esta tecnoloxía e desenrolar este tipo de plantas que en Alemaña xa están en funcionamento.

No hay comentarios: