Cabinas para chamar por teléfono e recargar o coche
Telefónica ultima un acordo con Endesa para usar as cabinas telefónicas do operador como puntos de recarga das baterias dos coches eléctricos, según informaron fontes coñecedoras da operacion a Europa Press.
Trátase dun "principio de acordo" para desenrolar o proxecto, pero que necesitará da aprobación dos concellos onde se aplique esta iniciativa. .
As mesmas fontes indican que nun primer momento poráse en marcha dous puntos de Madrid para logo ir extendendo o proxecto nalgunhas outras zonas estratéxicas.
Os conductores que desexen recargar os seus vehículos deberán dispor dunha tarxeta similar as de prepago que se usan para falar por teléfono. Estas tarxetas, gratuitas nun primeiro momento, poderánse recargar posteriormente a través dun recibo similar o da luz.
Por outro lado, no mes de febreiro a eléctrica alcanzou un acordo de colaboración ca petrolera Cepsa para desenrolar conxuntametne un plan de deseño, probas e despregamento dunha red de puntos de recarga para coches eléctricos e híbridos enchufables nas estacións de servicios da petroleira.
O obxectivo deste acordo é desenrolar e probar solucións técnicas que garantan a viabilidade comercial dos coches eléctricos e os seus proceso de recarga, así como reforzar a presenza das dúas compañias no mercado de movilidade eléctrica.
Os puntos de recarga que se instalarán en virtude deste convenio están adscritos o Plan Movele para fomentar o uso de vehículos eléctricos en España, que con un presuposto de 10 millóns de euros, prevé a introduccion de 2.000 vehículos eléctricos e a instación de 546 puntos de recarga en Madrid (280), Barcelona (191) e Sevilla (75).
No hay comentarios:
Publicar un comentario