38 novas especies de peixes tropicais habitan o Mediterráneo
Investigadores do Centro Oceanográfico de Baleares do IEO constatan importantes cambios na composición da fauna piscícola do mar Mediterráneo debido ó aumento da temperatura da auga durante a segunda metade do século XX.
Localizáronse ata 38 novas especies, case todas exóticas, provintes sobretodo do océano Atlántico pero tamén do océano Índico. Ademáis constatouse que as especies autóctonas do mediterráneo sufriron cambios nas súas poboacións: mentres que especies termófilas coma o peixe limón aumentan no mar Balear, as epecies boreais coma o chanquete están en clara regresión.
Os datos presentados polos investigadores do Centro Oceanográfico de Baleares do IEO Enric Massutí, María Valls e Francesc Ordines no libro "Fish Invasions of the Mediterranean Sea: Change and Renewal", suxiren que o Mediterráneo occidental, onde se constatou un aumento da temperatura da auga durante a segunda metade do século XX, o quencemento global influíu sobre a composición das poboacións de peixes.
Tropicalización e meridianización
Durante este período, documentouse a presencia de 38 novas especies no Mediterráneo occidental, case todas elas, especies exóticas, provintes do Atlántico subtropical e tropical, que entraron a través do estreito de Xibraltar. Este fenómeno coñecido coma "tropicalización", está modificando a identidade do Mediterráneo. É difícil saber se algunha destas novas especies formou poboacións estables, aínda que si parecen estar ampliando a súa presenza cara o norte e este do Mediterráneo, alcanzando a súa conca oriental.
Tamén se constatou un desprazamento de especies exóticas na dirección contraria. Así algunhas especies de orixe Indo-Pacífico, chegadas a través da canle de Suez, experimentaron a súa distribución cara o oeste, chegando incluso a cruzar a canle de Sicilia. As poboacións de peixes autóctonos do Mediterráneo occidental tamén mostraron cambios na súa dinámica poboacional.
As especies termófilas coma a "sirviola" rexistraron un incremento na súa abundancia, así coma un incremento na súa distribución norte, mentres que poboacións de especies boreais coma o chanquete fixéronse máis escasas. Este efecto, que se coñece coma "meridianización", fíxose patente nas capturas de algunhas especies comerciais.
Ambos efectos, "tropicalización" e " meridianización" poderían verse acelerados no actual contexto de cambio climático, o que require máis investigación sobre as súas implicacións ecolóxicas e económicas. En calquera caso, ambos procesos afectan, e poderían poñer en perigo, a identidade da fauna do Mediterráneo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario