Mix Enerxético de España no 2020
Antes de que finalice o ano o goberno quere revisar o sistema de incentivos as enerxías renovables co propósito de facer compatible o cumprimento dos obxectivos de producción eléctrica renovable no 2020 cos principios de garantía de suministro, competitividade e respecto o medio ambiente.
Esta medida forma parte das iniciativas que se queren levar a cabo para acadar a recuperación do crecemento económico e creacion de emprego.
Ademáis desta, contémplase unha reorientación da composición do "mix" enerxético de cara o 2020, no cal a enerxía eólica convertirase na principal fonte de enerxía, cun 22,3% por diante do 16,7% do gas natural, do 15% da nuclear, do 12,4% da coxeneración a partir do gas natural, do 9,3% do carbón, do 9,1% da hidroeléctrica e do 8% da solar.
Para esa data xeneraránse 74.547 megavatios (MW) procedente de fontes de enerxía renovables en España. fronte os 39.721 MW no 2009. Destes 40.000 MW serán eólicos (35.000 MW en terra e 5.000 MW en mar), fronte a potencia actual de 18.300 MW (todos eles en terra).
Con respecto a hidroeléctrica pasará de 473 MW ata 16.660 MW, mentres que a solar pasará dos 4.165 MW actuais os 15.685 MW. O biogas, a biomasa e o resto de fontes renovables acadará o dobre da potencia acual, pasará dos 1.067 MW actuais a 2.200 MW.
Por outro lado plantease un descentos na potencia nuclear, centrales térmicas de carbón e plantas de productos petrolíferos. A nuclear perderá 460 MW, o cabón 3.770 MW e as plantas petrolíferas pasarán de 6.202 MW a 682 MW.
En canto os ciclos combinados a gas terán unha potencia de 28.500 MW, o que supón un 18% máis da actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario