Enerxía eólica mariña
España é o segundo país europeo en potencia eólica instalada en terra e o cuarto no mundo. É lóxico pensar que tamén podería encabezar a producción eólica mariña (offshore), xa que Galicia conta con casi 5.000 kilómetros de cosa e un vento que en mar é máis forte e constante. Sen embargo en España non contamos con ningunha instalación de offshore e as estimacións máis optimistas sinalan entre o 2012 e 2014 como datas para os seu posible arranque.A recuperación deste retraso con respecto a outros países podería levar varios anos. Espérase que os primeiros parques eólicos mariñós en España poderían empezar a funcionar entre os anos 2010 e 2014. Dende a Asociación Empresarial Eólica (AEE) apuntan o 2020 como data na que en España haberá uns 4.000 MW de potencia instalada.
A este respecto o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, o de Industria e o de Comercio e Turismo, publicaron o Estudo Estratéxico Ambiental do Litoral Español; nel delimítanse as zonas que reúnen as condicións favorables para as instalacións dos aeroxeradores mariños.
O informe evalúa 4.000 km de costa e contempla a instalación de 73 áreas eólicas mariñas, que se clasifican en: zonas de exclusión, zonas aptas con condicionantes e zonas aptas, a tal respecto os responsables do estudo destacna que nunha zona non apta tamén se poderán presentar proxectos e só se rechazarán si os estudos de impacto resultan ser negativos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario