jueves, 25 de junio de 2009

España cega

Fai 50 anos os habitantes de calquer cidade española podíamos contemplar a simple vista unha noite despexada ata 7.000 estrelas, hoxe esto só o podemos contemplar aqueles que vivimos ou frecuentamos zonas rurais afastadas das grandes urbes. A causa deste "apagón" nocturno débese principalmente a contaminación lumínica.

Unha fórmula para combater éste mal é regular o alumeado público por algún texto normativo, método que están usando algúns concellos, ainda así a súa práctica non está moi en uso.
As normas son redactadas polo Estado, as CCAA e os Concellos, destacando sobre todo éstes últimos xa que son os correspondentes servicios municipales os encargados de deseñar e instalar as luminarias nos nosos pobos.

Para a iluminación das cidades existen numerosos deseños de luminarias e de lámpadas. Para a elección correcta destas débense ter varios parámetros en conta como: orientación, difusión, tipo de lámpada, etc. Cada un destes factores influe significativametne a hora de evitar a contaminación lumínica.

O Instituto Astrofísico de Canarias creou a Oficina Técnica para a Protección da Calidade do Ceo (OTCP). Ésta adicase tanto a divulgar a problemática da contaminación lumínica como a protección do ceo. Este organismo realiza ensaios sobre diversos deseños de luminarias con diferentes lámpadas, estudiando cales son as máis axeitadas para unha mellor iluminación, segundo as características da vía a iluminar.

Esta oficina redactou diversos textos que sirven de guía para a redaccion de Ordenanzas e calquer tipo de texto normativo, polo que poden resultar de gran axuda para aqueles concellos que queiran controlar este tipo de contaminación.

lunes, 22 de junio de 2009

España é o pais no que máis avanzan os desertos

Por procesos de desertificación, aridización ou desertización enténdese o proceso polo que as zonas áridas e semiáridas que aínda non son desertos adquieren as carácterísticas destos.


Según un informe, elaborado polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), os países máis meridionais teñen máis risco de verse afextados polo proceso de desertificación e España é o país europeo no que a aridez se extende de forma máis rápida.
Por procesos de desertificación, aridización ou desertización enténdese o proceso polo que as zonas áridas e semiáridas que aínda non son desertos adquieren as carácterísticas destos.
A desertificación é a degradación das terras de zonas áridas, semiáridas e subhúmidas secas resultante de diversos factores, tales como as variacións climáticas e as actividades humans. Tamén é un síntoma de ruptura do equilibrio entre o sistema de recursos naturais e o sistema socio-económico que os explota.
Entre os principais factores que conlevan a esta situación atópanse a explotación insostible dos recursos hídricos, que é a causa de graves daños ambientais, incluidos a contaminación química, a salinización e o agotamento dos acuíferos. Pérdidas da cuberta vexetal a causa de repetidos incendios forestais, concentración da actividade económica nas zonas costeiras como resultado do crecemetno urbano, as actividades insustriais e o turismo de masas.
A desertificación non é un problema aillado, senon que está directamente relacinado co cambio climático, a conservación da biodiversidade e a necesidade do manexo sostible dos recursos naturais.

Emisións de Gases Efecto Invernadoiro en tempor real

Dende onte pódense ver as cifras de toneladas de carbono que se emiten en tempo real no planeta nun panel dixital colocado na praza de Madison Square Garden de New York.
O cálculo é efectuado por científicos do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets e os asesores medioambientais de Deutsche Bank, que se encargan de medir os 24 gases, agás o ozono e os aerosoles, de efecto invernadoiro que se avalaron a nivel mundial nos Acordos de Kyoto e Montreal.
A finalidade deste novo contador é concienciar a poboación mundial sobre as consecuencias do cambio climático.
A cuestión que plantexo é: con simples números concienciarémonos máis das consecuencias do cambio climático?

jueves, 18 de junio de 2009

En Galicia producimos biodiesel

En Ferrol púxose en marcha a segunda planta máis grande de España adicada a producción de biodiésel.

A súa posta en marcha supuxo un coste de 80 millóns de euros e foi promovida pola empresa Infinita Renovables.
A planta producirá 300.000 toneladas o ano de diésel ecólóxico cando opere o 100%, para o cal necesita varios meses de posta a punto (actualmente está traballando entre un 60-70% da súa capacidade de producción).
Ésta instalación de Ferrol, surtirá as refinerías da Costa Atlántica, que están obligadas por ley a mezclar o combustible tradicional con biodiésel.
Na planta están traballando 70 operarios de forma directa e outros 120 de forma indirecta.
Ademáis desta prevese nesta zona, no polígono de Río Ozo, a instalación doutra planta, a cal terá un coste de 21 millóns de euros, e producirá 103.000 toneladas o ano.

jueves, 11 de junio de 2009

Película Home




Fai algún tempo recomendámosvos unhas películas, pois ven o día 5 de xuño estreouse "Home", largometraxe dirixido por Yann-Arthus Bertrand o cal a través de imaxes aéreas, que abarcan os temas medioambientais máis importante, amósanos que aínda existen solucións para o noso planeta.

Pinchando no seguinte enlace podedes ver o trailer:



Politica medioambiental en Europa: Suspenso

Suspenso é a nota media que acada pola UE en Política en materia de Medio Ambiente
Así o pon de manifesto o informe elaborado pola
coalición europea de organizacións ecoloxistas
Estamos en época de exámenes e a piques de que nos den as notas. O resultado do noso esforzo e horas de traballo veráse reflexado nun número que indicará (sexa verad ou non) si acadamos os obxectivos marcados o inicio do curso.
A política medioambiental europea dos últimos cinco anos foi examinada pola coalición europea de organizacións ecoloxistas (da cal forman parte organizacións como greenpeace e wwf entre otras). Dita organización acaba de publicar un informe no que pon nota a diversas políticas comunitarias vinculadas o medio ambiente durante o último mandado do executivo comunitario.
A nota media acadada en canto a xestión comunitaria en materia de medioambiente é de 4.4 sobre 10.
O desenrolo sotible recibe a pero calificación con 2 puntos sobre 10, esta calificación, segúndo éstas organizacions, é a pobre actuación do executivo comunitario e a falta de medidas concretas que contribuan a súa consecución. Outros ámbitos moi mal parados son a agricultura e a protección da biodiversidade e os ecosistemas (as duas con 4).
No outro extremo, os ecoloxistas outorgan un 7 a xextión do cambio climático, gracias a proposta para reducir nun 20% as emisións de gases efecto invernadoiro para o 2020 e a posibilidade de elevar este porcentaxe si outros países se comprometen. Neste punto tamén valoraron postitivamente a introducción de medidas de aumento e apoio as enerxías renovables, acadando un valoración de 6 puntos.
No apartado de transporte a nota acadada é un 7, gracias a iniciativas como o compromiso, acadado no 2007, ca industria automovilística de fixar un límite nas emisións de CO2 nos vehículos.

viernes, 5 de junio de 2009

Dia Mundial do Medio Ambiente

Hoxe 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. O lema elexido pola ONU para este ano é "O teu planeta necesitate, unido para combater o cambio climático". Dende UGT-Galicia unímonos a este chamamento, xa que creemos que é necesaria a contribución de todos os axentes e sectores sociais para acadar un desenvolvemento sostible e socialmente responsable.
Dende UGT-Galicia temos un compromiso firme ca defensa e a transformación do modelo productivo cara pautas máis respetuosas co medio ambiente.
Apostamos pola introducción de cambios no modelo urbanístico, na mobilidade, no sistema de producción, de consumo e no modelo enerxético, cambios sen os cales non será posible abordar eficazmente a loita contra oa cambio climático e que ademáis permitirán canalizar medidas de cara a frontar a actual crise a curto prazo.
Neste día, tampouco nos queremos esquecer da gran riqueza natural que temos na nosa comunidade. Riqueza que temos que conservar e xestionar para que as xeracións vindeiras poidan disfrutar dela e sobre a que é necesario incentivar a creación de emprego en base a un modelo sustentable.

martes, 2 de junio de 2009

Enerxía nuclear: si, non, as veces

O goberno debe revisar ata o 2011 os permisos de sete das oito centrales nucleares españolas.
A centrales nucleares do noso país poden estar operativas ata o 2021 e 2028 antes de que a súa vida útil expire; excepto a central nuclear de Garoña que o regulador nuclear ten ata este venres para decidir si esta planta (propiedade de Iberdrola e Endesa e con unha capacidade de 500 megavatios) pode continuar operativa 10 anos máis (a vida útil desta central é de 40 anos e cúmplense no 2011).
Todo apunta a que España segurá na misma liña doutors países da UE co que respecta a enerxía nuclear; Reino Unido renovou os permisos para algunhas das súas centrais e o goberno aleman quere extender a vida útil das súas centrais más alá da data límite do 2021 de peche acordada fai oito anos.
O presidente da Rede Eléctrica Española declarou que a enerxía nuclear en España proporciona o 20% da enerxía e compensa os desequilibrios da aportación das enerxías renovables, por outro lado a enerxía nuclear contribuirá a acadar os obxectivos en términos de renovables que España ten asignados de cara o 2020.
A cuestión a este asunto é si podemos ou non prescindir de enerxía nuclear? si sí que medidas debemos adoptar e si son viables ou non?, e si non estase tendo en contra tódolos pros e contrar da enerxía nuclear? que se fará cos residuos? teñen a capacidade técnica e as medidas de seguridade necesaria as centrais que temos como para seguir funcionando ou hay que poñer parches?
Para éstas e moitas outras cuestións aínda non hay resposta a partir da decisión da continuidade da central de Garoña veremos que vay pasar.