lunes, 22 de junio de 2009

Emisións de Gases Efecto Invernadoiro en tempor real

Dende onte pódense ver as cifras de toneladas de carbono que se emiten en tempo real no planeta nun panel dixital colocado na praza de Madison Square Garden de New York.
O cálculo é efectuado por científicos do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets e os asesores medioambientais de Deutsche Bank, que se encargan de medir os 24 gases, agás o ozono e os aerosoles, de efecto invernadoiro que se avalaron a nivel mundial nos Acordos de Kyoto e Montreal.
A finalidade deste novo contador é concienciar a poboación mundial sobre as consecuencias do cambio climático.
A cuestión que plantexo é: con simples números concienciarémonos máis das consecuencias do cambio climático?

No hay comentarios: