jueves, 25 de junio de 2009

España cega

Fai 50 anos os habitantes de calquer cidade española podíamos contemplar a simple vista unha noite despexada ata 7.000 estrelas, hoxe esto só o podemos contemplar aqueles que vivimos ou frecuentamos zonas rurais afastadas das grandes urbes. A causa deste "apagón" nocturno débese principalmente a contaminación lumínica.

Unha fórmula para combater éste mal é regular o alumeado público por algún texto normativo, método que están usando algúns concellos, ainda así a súa práctica non está moi en uso.
As normas son redactadas polo Estado, as CCAA e os Concellos, destacando sobre todo éstes últimos xa que son os correspondentes servicios municipales os encargados de deseñar e instalar as luminarias nos nosos pobos.

Para a iluminación das cidades existen numerosos deseños de luminarias e de lámpadas. Para a elección correcta destas débense ter varios parámetros en conta como: orientación, difusión, tipo de lámpada, etc. Cada un destes factores influe significativametne a hora de evitar a contaminación lumínica.

O Instituto Astrofísico de Canarias creou a Oficina Técnica para a Protección da Calidade do Ceo (OTCP). Ésta adicase tanto a divulgar a problemática da contaminación lumínica como a protección do ceo. Este organismo realiza ensaios sobre diversos deseños de luminarias con diferentes lámpadas, estudiando cales son as máis axeitadas para unha mellor iluminación, segundo as características da vía a iluminar.

Esta oficina redactou diversos textos que sirven de guía para a redaccion de Ordenanzas e calquer tipo de texto normativo, polo que poden resultar de gran axuda para aqueles concellos que queiran controlar este tipo de contaminación.

No hay comentarios: