Conclusións de: “Evidencias e Impactos do Cambio Climático de Galicia”
A Galicia de mediados e finais de século será distinta á que coñecemos. Os impactos do cambio climático deixarán novos paisaxes e un clima máis caloroso. No entanto, con el tamén virán danos importantes. Así, a produtividade dos chans e da costa de Galicia verase reducida polas novas condicións. A materia orgánica da terra de cultivo diminuirá entre un 60 e un 70 %. No mar, o fitoplancto e o zooplancton cambiarán a súa composición e reducirase a renovación da auga das rías, e con ela, a achega de nutrientes.
A Consellería de Medio Ambiente presentou estes datos do estudo “Evidencia e Impactos do cambio climático en Galicia”, realizado por ao redor de cen científicos. O obxectivo é avaliar as tendencias futuras para adaptar as políticas á nova situación. Por exemplo, no informe establécese que se se quere evitar a degradación dos chans galegos, haberá que recorrer aos fertilizantes. Ao longo do século, a evolución da súa materia orgánica situaraos por baixo do limiar óptimo do 4 por cento.
incremento de temperatura é a causa desta problemática. Segundo os datos que manexa a Consellería, a mediados de século o clima galego será 1,5 graos máis caloroso que na actualidade. O estudo vincula tamén a mortalidade coas temperaturas elevadas nas ?ondas de calor?. Por iso, cualifican estes cambios de ?problema para a saúde pública?, especialmente para os maiores de 70 anos.
O incremento das temperaturas tamén será un factor importante nas augas galegas. Tanto nos ríos (onde se incrementará entre 2,5 e 3 graos) como nas capas superficiais do mar, que serán entre 1 e 3 graos máis cálidas a finais de século.
No mar haberá outros cambios. O período de afloramento, polo que se renovan as augas, reducirase en intensidade e en extensión. Desde o ano 1965 produciuse unha diminución da concentración de nutrientes na auga que provocará cambios no fitoplancto e o zooplancton e, con iso unha redución da produción do ecosistema. O cambio climático favorecerá a aparición de peixes pequenos, de ciclo curto e de menor valor económico. Desaparecerán os de maior tamaño e de latitudes boreais, polo que deixará de ser comercial a súa explotación.
O cambio climático deixará a finais do século XXI unha Galicia distinta, na que as especies mediterráneas estarán presentes desde a franxa costeira ao interior. Ao mesmo tempo, irase reducindo a presenza do carballo na comunidade. Así, segundo o estudo da Consellería de Medio Ambiente, algunhas especies arbóreas poderán chegar a desaparecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario