Morte colectiva
Con todo, non puideron facer nada para salvar a 130 dos cetáceos, aos que uns 150 residentes traballaron durante todo o día para manter hidratados. Membros do departamento local de Parques e Vida Salvaxe observarán nas próximas horas ás baleas rescatadas para impedir que volvan quedar atrapadas en augas pouco profundas. Os cetáceos e un grupo de seis ou sete golfiños empezaron a chegar onte á noite á praia da illa, ante a mirada atónita dalgúns residentes, que avisaron ás autoridades.
Desde finais de novembro, unhas 200 baleas morreron asfixiadas na illa de Tasmania e outras praias do sur de Australia. A finais de xaneiro, 53 cachalotes morreron varados na illa de Tasmania; e outras oitenta baleas piloto de aleta longa morreron na mesma illa en novembro pasado. Tamén en novembro, outras 65 baleas da mesma especie quedaron varadas noutra praia do sur de Australia e só once lograron volver mar dentro axudadas polas autoridades, ecoloxistas e voluntarios. Os científicos atribúen o fenómeno a que senten atraídas polo soar de grandes buques, ou ben seguen a un líder enfermo, sendo o home un posible culpable indirecto da traxedia.
Fonte EFE
No hay comentarios:
Publicar un comentario