Os cidadáns máis eficientes mitigan o cambio climatico
1. Na súa casa ou oficina é altamente recomendable utilizar a luz natural tanto como sexa posible, acendendo os bombillos só cando realmente se lles necesita.
2. Cambiar as lámpadas incandescentes (lámpadas) por lámpadas fluorescentes compactas (de aforro de enerxía). Estas últimas proporcionan o mesmo nivel de iluminación, duran 8 veces máis e aforran até un 80% de enerxía.
3. Use tubos fluorescentes naqueles espazos nos que necesitas máis luz e onde permanece acendida moitas horas; por exemplo: na cociña ou unha sala de servizos no seu lugar de traballo. Os fluorescentes duran 8 ou10 veces máis e consomen o 80% menos de enerxía que as lámpadas incandescentes.
4. Se se ducha brevemente con auga quente, consumirá cinco veces menos auga e enerxía, que se o fai cun longo baño co chorro da auga aberto. Ademais, está demostrado que o seu consumo en xabón e shampoo diminuirá até tres veces do usual (sen comprometer en nada o seu aseo persoal). Lembre tamén que pode regular a temperatura do termo para non malgastar enerxía e prolongar a vida útil do equipo.
5. á hora de comprar un electrodoméstico, fíxese ben na información do fabricante e compare distintos aparellos e os seus niveis de consumo de electricidade. Elixa sempre o aparello máis adecuado ás súas necesidades. Se non ten nin idea diso, asesórese co provedor.
6. Ao usar a lavadora, procure sempre traballar coa carga completa de roupa. Así reducirá o consumo de auga, deterxente e enerxía, e alargará a vida do aparello. Para o seu coñecemento, unha lavadora funcionando con pouca roupa, utiliza case a mesma cantidade de enerxía que coa súa capacidade máxima.
7. Cando dispoña de aparellos manexados a control remoto, procure desconectar o interruptor do televisor, o sistema de vídeo ou o equipo de música. Está demostrado que se o apaga só co mando a distancia, algúns compoñentes destes aparellos seguen conectados e consumindo até o 80% do gasto enerxético normal.
8. Na súa oficina, manteña a impresora e o computador apagados cando non os use por espazos de tempo máis ou menos prolongados (p.e. xantares, noites e fins de semana). En relación a este último, moitos dos equipos modernos dispoñen de sistemas de aforro de enerxía que son facilmente activables e programables.
9. Lembre que ademais de aforrar enerxía, o seu comportamento cidadán estará a contribuír a diminuír a xeración de Dióxido de Carbono á atmosfera, co cal apoiará a mitigación do efecto invernadoiro.
10. Motive aos seus familiares e compañeiros de traballo a monitorear o consumo media de electricidade, publicando nun lugar visible o gráfico achegado polas empresas encargadas de prestar este servizo. Así poderá reforzar aqueles comportamentos que sexan ambientalmente responsables e corrixir algúns hábitos eco-ineficientes, que por descoñecemento, están a golpear os nosos petos.
En opinión de UGT-Galicia é imprescindible reducir a dependencia da nosa economía do petróleo e os combustibles fósiles. A ameaza do cambio climático global e outros problemas ambientais son moi serias, ademais que non podemos seguir baseando a nosa economía unicamente nunha fonte de enerxía finita e non renovable que algún día se esgotará.
A eficiencia enerxética exponse como un dos principais desafíos na xestión ambiental moderna, clave na mitigación do cambio climático. Os problemas ambientais comezan e terminan connosco mesmos, polo que debemos reflexionar sobre os nosos hábitos fronte ao uso sustentable e racional da enerxía, para que empresas, institucións, gobernos e a cidadanía en xeral, revisen os seus compromisos con respecto á utilización de tecnoloxías limpas e renovables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario