O pobo austríaco de Güssing xenera toda a enerxía que precisa con fontes renovables
Güssing é un pobo duns 4.000 habitantes, capital da comarca do mesmo nome, onde viven preto de 30.000 persoas. Situado ao oeste de Austria, preto da fronteira húngara, nos últimos vinte anos pasou de ser unha zona subdesarrollada a converterse no modelo de referencia europeo para a produción local de enerxía e o crecemento económico que se deriva deste sector.
En 1988, Güssing era unha das áreas máis pobres de Austria. Non tiña ningún tipo de industria nin actividade comercial que proporcionase traballo estable, máis aló dunha agricultura básica de maíz, girasoles e madeira. A maioría da poboación ía traballar a outras cidades (Viena, sobre todo), e as taxas de emigración eran moi elevadas. Tampouco había ningunha infraestructura que facilitase as comunicacións: nin tren, nin autovía. Con estas condicións, a rexión tiña graves problemas para pagar os preto de seis millóns de euros anuais de combustible que utilizaban para ter electricidade e calefacción.
A principios dos anos noventa, decidiron poñer fin a esta situación. Tiñan que deixar de lado os combustibles fósiles, chegados de fóra, e empezar a xerar enerxía con recursos propios e renovables. Deste xeito, ademais de aforrar e reducir emisións, o diñeiro se reinvertiría en casa e activaría a economía da comarca. De entrada, revisáronse todos os edificios públicos para optimizar o uso de enerxía, e conseguiron reducir o consumo un 50%. Despois, prohibiron o uso de enerxía proveniente do gas e do petróleo de importación.
Actualmente, e desde o ano 2001, xeran toda a enerxía que necesitan, alí mesmo e con fontes renovables. E aínda lles sobra para vendela ás rexións veciñas. Actualmente en Güssing hai 35 plantas de produción energética, que crean unha rede coordinada pola ökoEnergieland e o Centro Europeo de Enerxías Renovables, financiados pola Unión Europea. Güssing foi a primeira zona europea en deixar de depender da enerxía exterior, e converteuse no espazo de experimentación de referencia na xeración de enerxía local, co obxectivo de atopar os modelos máis adecuados que poidan aplicarse a outros lugares europeos.
Nunha primeira etapa, na década dos 90, centráronse na produción de calefacción por distritos -a primeira planta xeradora abastecía tan só a 27 vivendas- a partir da biomasa, e tamén en facer biodiesel de colza. A partir do ano 2000 empezouse a producir electricidade a partir da biomasa, e a investigar as posibilidades da gasificación. Tamén se expandieron as estacións de enerxía eólica e a solar, tanto con finalidade térmica como tamén, últimamente, fotovoltaica.
Con todo iso, non só deixaron de depender das importaciones de combustibles, co aforro directo que isto representa, senón que actualmente teñen uns excedentes de produción que xeran beneficios millonarios, que se volven a investir para seguir investigando as posibilidades das enerxías renovables
No hay comentarios:
Publicar un comentario