miércoles, 18 de febrero de 2009

Cargador único

As principais compañías acordan o lanzamento dun cargador universal de batería que aforrará o 50% de enerxía. A partir do 1 de xaneiro de 2012, todos os móbiles virán equipados cun cargador de batería universal, independentemente do modelo e a marca. A conexión será micro-USB, a que utilizan xa a maior parte dos computadores e outros equipos como cámaras e DVD, e a máis estendida tamén entre os móbiles. Os 17 principais fabricantes e operadores de móbiles alcanzaron un acordo para pór fin á multiplicidad de cargadores que suporá unha mellora para o consumidor e importantes aforros ambientais.
O cargador non só terá un único conector USB senón que incorporará a última tecnoloxía que lle permitirá aforrar o 50% da enerxía que consomen os actuais cargadores cando están enchufados. O impacto ambiental tamén será drasticamente menor. Estímase que en 2008 foron vendidos 1.200 millóns de móbiles en todo o mundo, dos que entre o 50% e o 80% foron para substituír terminais antigos. Iso equivale a entre 51.000 e 82.000 toneladas de cargadores refugados cada ano.
C
abe destacar o importante papel que xoga a industria de telefonía móbil en materia medioambiente, e este programa é un paso transcendental no aforro de recursos, ademais da mellora e a comodidade que suporá para millóns de consumidores. Prevese que en 2012, o 75% dos novos móbiles que comercialice a compañía vingan equipados co novo cargador. En España, véndense cada ano 20 millóns de terminais, e os operadores chegaron a un acordo para recoller os terminais e as baterías en desuso.

No hay comentarios: