Hoxe entra en vigor a Lei de Residuos de Galicia, a primeira que os regula dun modo integral, xa que a anterior, do ano 1997, abarcaba unicamente os residuos sólidos urbanos. A nova norma persegue dous obxectivos fundamentais: impulsar a redución, a reutilización e a reciclaxe, e acabar coa crenza, bastante estendida, de que é máis barato contaminar que pagar as multas derivadas da vertedura de residuos.
As sancións sofre un incremento considerable respecto a lei anterior, sendo maior en casos mais graves. Na lei de 1997 as sancións graves oscilaban entre os 60.000 e os 300.000 euros, coa nova lexislación estas infraccións poderían alcanzar os dous millóns de euros. En concreto, a lexislación recolle que en ningún caso a multa resulte beneficiosa para o que cometa a infracción.
As infraccións máis graves van acompañadas doutras medidas, chegar a executar inhabilitación que poden alcanzar unha duración máxima dun ano, tamén todas as persoas que sexan sancionadas con dúas infraccións non optará a ningún tipo de axuda da Xunta. Doutra banda as infraccións máis pequenas presentarán multas menor contía, cun máximo de 602 euros, chegando coa anterior lexislación a 1500 euros, tamén algunhas das sancións leves poderá sancionarse coa prestación de servizos de limpeza por parte do infractor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario