miércoles, 11 de febrero de 2009

Australia en chamas

Cos eucaliptos en chamas e o custo de vidas dos peores incendios en Australia aumentando a case 200, as recriminacións de responsabilidades comezaron.

Australia ten a forza de bombeiros maior do mundo, mellor equipada e máis experimentada, apoiada por centos de avións que bombean auga e cun prestixio cobizado no exterior. Un capitán do corpo, David McGay, defende o traballo marca do seu equipo, fronte ás críticas, alegando que se viu sinxelamente superado. O propio capitán explica que: "mesmo se tivese 20 equipos todo o que ocorrería é que teriamos tamén 50 bombeiros mortos, eu incluído", dixo. Segundo McGay, despregaría máis homes, de telos. "Pero no último momento retireinos porque ían morrer", xustificou.
Os expertos apoian a McGay e os seus compañeiros. O día máis caloroso da historia de Melbourne, con ventos do centro do continente e 12 anos de choiva por baixo da media provocaron a catástrofe provocaron o “armageddon” non podería evitarse, xa que o sábado pasado foi un dos días con peores condicións para propagación de incendios da historia obtendo 40Km en só 12 horas.

Esta traxedia mostra que o clima en Australia cambiou e agora sabemos todos canto podemos perder se non logramos un acordo de acción sobre o clima mundial. Expertos mostran a necesidade de que o Goberno de Australia expóñase a redución das emisións de gases contaminantes en porcentaxes maiores ao 5% sobre os niveis de 2000. A meta gobernamental é menos ambiciosa que o informe do Profesor Ross Garnaut e que recomendou un recorte de polo menos o 25% até o 2020, unha meta que tamén foi cualificada como insuficiente por grupos ecoloxistas.

Un dos científicos que traballaron con Garnaut nese informe, David Karoly, explicou esta semana que a onda de calor vivida este ano en Australia non ten precedentes e non poden explicarse coa chamada “variabilidade natural”. Científicos da Organización para a Investigación Industrial e Científica de Australia (CSIRO) concluíron que os días con temperaturas durante o verán australiano pasarán de seis a vinte a partir de 2050.

No hay comentarios: