Bioetanol de millo perxudicial
David Tilman, coordinador do estudo e profesor do departamento de Ecoloxía, Evolución e Comportamento da Universidade de Minnesota (Estados Unidos), afirmaba que “até agora, o debate ao redor dos biocombustibles centrouse principalmente nos gases de efecto invernadoiro, pero hai moitos outros impactos, positivos ou negativos, que non están incluídos, por iso eliximos tamén a saúde”.
O estudo leva por título Climate change and health costs of air emissions from biofuels and gasoline e acábase de publicar na version en Internet da revista Proceedings of the National Academy of Sciences. Os investigadores cuantificaron os custos económicos dos efectos sobre o cambio climático e a saúde provocados polos gases de efecto invernadoiro e as partículas finas en suspensión (PM 2,5) da gasolina, o etanol a partir de millo e o etanol de celulosa.
A conclusión máis notoria é que por cada 3.800 millóns de litros producidos e posteriormente queimados en vehículos en Estados Unidos, eses custos foron de 469 millóns de dólares no caso da gasolina, entre 472 e 952 millóns no do etanol e de
O millo require abonos nitroxenados e algúns se volatilizan no aire que atraen partículas de po formando partículas de 2,5 micras que presentan importantes repercusións negativas para a saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario