miércoles, 28 de enero de 2009

Zonas mortas no mar

O quecemento global podería crear "zonas mortas" no océano nas que existe o perigo de que desaparezan os peixes e os mariscos durante miles de anos, conclúe un estudo publicado o domingo. Los investigadores insisten en que é necesario diminuír drasticamente as emisións de carbono para frear unha tendencia que pode devastar o ecosistema mariño e privar ás futuras xeracións da oportunidade de pescar no mar.

No estudo, publicado na edición online de Nature Geoscience, científicos de Dinamarca desenvolveron un modelo informático para simular os cambios climáticos nos próximos 100.000 anos. No modelo exponse dous escenarios coñecidos os niveis de dióxido de carbono na atmosfera como un indicador do aumento da temperatura, no peor dos casos as concentracións de CO2 aumentaría a 1.168 ppm para 2.100, o triplo dos niveis rexistrados na actualidade e no modelo mais optimista chegaríase a 549 ppm para o 2100, ou a un 50% dos rexistrados na actualidade.

O aumento da temperatura en ambos os casos dependería de varios factores (do momento en que se alcance o pico das emisións de carbono, e de se o quecemento provoca disparadores naturais), tendo en conta estes factores os científicos prognostican un posible aumento de entre 5 a 7ºC no peor dos casos e noutras condicións provese un quecemento de 2 a 4 Cº.

No peor dos casos, os mares máis cálidos e a lentitude da circulación oceánica provocarán niveis de osíxeno máis baixos, creando "zonas mortas" que non poderán albergar peixes, mariscos nin outras formas superiores de vida mariña, e que non se poderán recuperar durante 1.500 a 2.000 anos. Xa existen na actualidade "zonas mortas" mariñas en áreas pouco profundas próximas á costa, onde a vertedura de fertilizantes agrícolas provoca a proliferación de algas que esgotan o osíxeno.

Con todo, a gran privación de osíxeno no océano supón unha ameaza maior, posto que afecta o corazón da biodiversidade, advirte o traballo. Fai ao redor de 250 millóns de anos, un cambio químico nos mares provocou a devastación masiva de especies mariñas.

O científico principal Gary Shaffer, do Instituto Niels Bohr da Universidade de Copenhague, di que non queda claro, ante o panorama sombrío que anticipa este estudo, se as xeracións futuras poderán ver os océanos como unha importante reserva de alimentos.

Desde 1900 a temperatura media global aumentou en 0,8 ºC e o Panel Intergubernamental sobre o cambio climático (IPCC) da ONU en 2007 prognostico un quecemento de entre 1,8 a 4ºC para o 2100 con respecto dos niveis de 1980-1999, pero nesta estimación non quedan claros os efectos de "realimentación positiva? que poderían amplificar o quecemento. á vista deste estudo e outros similares, vémonos obrigados a reducir as emisións de combustibles fósiles durante as próximas xeracións para limitar a privación de oxixeno e a acidificación do oceano e os seus efectos negativos a longo prazo.


Fonte:Nature Geoscience

No hay comentarios: