¿Que respiran as cidades?
Teñen un diámetro inferior ás dez milésimas de milímetro e poden estar “suspendidas” no aire desde unhas horas a varios anos (dependendo das condicións climatolóxicas), como consta en informes da Consellería de Medio Ambiente. Son tan prexudiciais como as que tradicionalmente se consideran “partículas contaminantes”, é dicir, aquelas como o dióxido de xofre que procede das industrias.
Pois ben, Vigo é a segunda cidade galega na que se rexistran máis sustancias deste tipo no aire e onde se superou catorce veces o ano pasado a medida diaria normal. Aínda así, o limiar de alerta sitúase en 35, polo que non preocupa.
¿Que se respira en Vigo? Os primeiros resultados da nova estación, e os máis actuais, mostran que na cidade non se exceden os limiares de alerta nin o número de superacións máxima dos materiais procedentes do tráfico ou a industria (dióxido de xofre, óxido de hidróxeno, monóxido de carbono ou ozono).
En Vigo rexístrase unha taxa de 19,61 unidades por metro cúbico e de 25,62 nas dúas estacións; mentres que en Pontevedra é de 46, de 50 en Ferrol e 29,8 na Coruña. Os PM10 e o ozono son os que mais preocupan nas cidades, o obxectivo fundamental é controlar as partículas mais pequenas, as PM2,5, xa que son as que penetran con maior facilidade nos pulmóns e que se orixinan nas obras, por trafico e mesmo o pole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario