Satélite CO2
O próximo 21 de xaneiro Xapón lanzará o Satélite Observador de Gases Invernadoiro (GOSAT), que permitirá calcular a densidade de CO2 e o CH4 de 56.000 emprazamentos da superficie terrestre. O satélite estará en orbita 5 anos e recollerá datos unha vez ao mes, ofrecendo un a cobertura semellante á dos 282 observatorios terrestres existentes. O proxecto supón un custo de 35 millóns de yenes (mais ou menos uns 273 millóns de euros).
O satelite esta equipado con dous sensores que rastrexarán raios infravermellos desde a terra que axudará a calcular as densidades dos gases, xa que absorben os raios e algunhas lonxitudes de onda.
Cabe destacar que a NASA tamén esta traballando no seu propio observatorio orbital de carbono para lanzalo este mesmo ano e obter medicións de CO2 na atmosfera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario