Residuos orgánicos → Compost
A única residencia universitaria do campus de Lugo é pioneira na compostaxe de residuos orgánicos, unha tarefa que veñen realizando con éxito dende o curso 2003-2004 grazas á participación dos bolseiros da Aula Verde e á implicación dos residentes. Foi precisamente unha bolseira desta residencia a que lle propuxo á Oficina do Plan de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago a introdución da compostaxe como método alternativo de tratamento dos residuos orgánicos nas residencias universitarias da USC.
Para que curso tras curso o traballo que require a compostaxe dos residuos orgánicos se desenvolva con éxito é fundamental o labor dos bolseiros da Aula Verde, que son os encargados de organizar o proceso de baleirado dos contedores para materia orgánica, instalados nas cociñas, nos composteiros colocados nas proximidades das residencias universitarias.
Esta residencia universitaria acolle na actualidade a uns oitenta estudantes, dos que aproximadamente a metade utilizan a cociña. O feito de que a cifra de residentes non sexa moi elevada fai máis fácil a tarefa da compostaxe.
Na cociña teñen instalados un contenedor específico para reiduos orgánicos, o destino destes é o composteiro que teñen colocado fora do edificio. Cada certo tempo estos residuos reméxense para facilitar a aireación e visían que o compost adquira a textura adecuada, labor que é levada a cabo polos propios residentes.
O composteiro baleirase unha vez ao ano, empregándose este abono en terreos e xardíns.
Fonte: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario