lunes, 12 de enero de 2009

As novas condicións de temperatura nos edificios públicos

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio prepara unha orde ministerial que obrigará a limitar, por razóns de aforro enerxético, as condicións de temperatura no interior dos recintos habitables situados nos edificios e locais públicos.
A nova normativa será de obrigado cumprimento en Edificios e locais de uso administrativo (oficinas administrativas); edificios e locais de uso comercial (tendas, supermercados, centros comerciais, restaurantes, bares e cafetarías; edificios e locais de uso cultural (teatros, cines, auditorios e salas de exposición; edificios e locais de lecer (salas de baile e salas de espectáculos), e edificios e locais destinados a estacións de transporte de persoas e aeroportos. A temperatura do aire nos recintos habitables limitarase aos seguintes valores:
A temperatura do aire nos recintos calefactados non será superior a 21ºC, cando para iso se requira consumo de enerxía convencional para a xeración de calor por parte do sistema de calefacción. A temperatura do aire nos recintos refrigerados non será inferior a 26º C, cando para iso se requira consumo de enerxía convencional para a xeración de frío por parte do sistema de refrixeración. As condicións de temperatura anteriores estarán referidas ao mantemento dunha humidade relativa comprendida entre o 30% e o 70%.
Non terán que cumprir coas limitacións de temperatura aqueles recintos que xustifiquen a necesidade de manter condicións ambientais especiais, nese caso debe existir unha separación física entre este recinto cos locais contiguos que vingan obrigados a manter as condicións indicadas, e naqueloutros que utilicen para a xeración de calor ou frío do sistema de calefacción ou refrixeración, fontes de enerxía renovable ou enerxía residual.
A nova normativa é consecuencia do desenvolvemento dunha das medidas contidas no Plan de Activación do Aforro e da Eficiencia Enerxética 2008-2011, e levará unha modificación do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE), aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo, e en concreto da súa instrución técnica IT-3 dedicada ao mantemento e uso destas instalacións

No hay comentarios: