O Solar-Taxi chega a Poznan
Co xefe da Secretaría para o Cambio Climático de Nacións Unidas, Ivo de Boer, como pasaxeiro, o taxi solar chegou á cidade polaca de Poznan, onde se está debatendo o protocolo de Kioto II. O vehículo leva percorridos máis de 50.000 km ao redor do mundo funcionando só con enerxía solar, demostrando que as enerxías limpas están listas para o seu uso.á fronte da aventura atópase o suízo Louis Palmer, condutor e impulsor deste singular vehículo que iniciou o seu percorrido en xullo de 2007, na cidade suíza de Lucerna. O taxi leva percorridos xa 52.000 km a través de 38 países -dos cinco continentes- portando polo mundo unha mensaxe de advertencia sobre o cambio climático. Entre os pasaxeiros que ocuparon o vehículo figura o Secretario Xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-moon.
O vehículo alcanza unha velocidade máxima de 90 quilómetros por hora e funciona con células solares Q-Cells colocadas no teito. O 40% da enerxía é producida por estas células e almacenada nunha batería que leva incorporada o automóbil. O resto da enerxía necesaria para o seu funcionamento, obtida a través dunha instalación solar en Suíza, foi vertida na batería do vehículo.
O coche solar, que foi desenvolvido por unha sociedade na que participan catro universidades suízas, conta con dous cámaras de vídeo, ordenador, sistema de monitoreo, sistema de posicionamento xeográfico (GPS) e música. Todos os detalles da aventura están a ser recollidos en solartaxi.com e así mesmo comentados en blogs escritos en diversos idiomas.
Máis información:O coche solar, que foi desenvolvido por unha sociedade na que participan catro universidades suízas, conta con dous cámaras de vídeo, ordenador, sistema de monitoreo, sistema de posicionamento xeográfico (GPS) e música. Todos os detalles da aventura están a ser recollidos en solartaxi.com e así mesmo comentados en blogs escritos en diversos idiomas.
www.solartaxi.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario