Efectos da contaminacion da agua: Especies Hemafroditas
O tributilo de estaño é perfecto para os barcos. Ao vernizar o casco con este composto químico evítase que se adhiran algas e crustáceos ao barco. Máis do 70% da flota mundial estaba vernizada co tributilo de estaño.
Nos anos noventa os científicos descubriron que o tributilo, aínda a concentracións mínimas, pode producir cambios no sexo dalgunhas especies, por iso no ano 2003 prohibiron o seu uso.
Un estudo levado a cabo pola Universidade da Coruña detectou que en máis de 50 puntos estudados de Galicia, os científicos acharon exemplares femia de Nucella lapillus é unha caracola moi abundante nas rías galegas, cun pene milimétrico.
A Nucella non é comestible e elixiuse para o estudo porque é moi visible. Os científicos non saben moi ben que ocorre noutros organismos, pero o lóxico é que tamén teña efectos. En ostras observáronse efectos similares, aínda que o contaminante estea diluído até un trillón de veces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario