Energía solar no turismo fluvial
Mentres na maior parte do mundo a crise financeira aparcou as preocupacións pola conservación do medio ambiente, o Concello de Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña, decidiu demostrar que apostar pola natureza pode resultar a opción máis económica. Os responsables deste municipio estudan a posibilidade de implantar unha ruta turística polo río Anllóns nun barco alimentado con enerxía solar. O modelo chámase Aquabus 1050, presenta unha cavidade para 24 persoas, é obra dunha empresa francosuiza, MW Line, e presenta, entre outras, as vantaxes de que non contamina e reduce 40 veces os custos de mantemento dunha embarcación tradicional de gasoil.
Probouse por primeira vez na Expo de Zaragoza, non sendo do todo satisfactoria xa que o Aquabus presentaba problemas para sortear as zonas de pouco calado e fortes correntes do Ebro. Pero recentemente o modelo probouse no río Anllóns e demostrou unha adaptación perfecta, mostrando un baixo consumo e un inexistente ruído do motor electrónico, permitindo contemplar á fauna do estuario a unha distancia máis próxima do habitual.
Por agora, só é un proxecto. Iso si, que vén xestando desde fai preto de catro anos, que busca a diversificación da economía de Cabana de Bergantiños e que aínda debe superar un último escollo: atopar o financiamento para converterse nunha realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario