As empresas máis e menos responsables
O proxecto "Pensa en clima" pon nome e apelidos ás entidades que máis e que menos esforzos dedican a ser responsables co medio ambiente.
É un proxecto promovido pola Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e coa colaboración de Climate Counts.
Piensaenclima analizou o comportamento de 26 empresas de 5 sectores diferentes, en relación ao cambio climático. Os sectores estudados foron:
- Distribución e alimentación
- Elecrodomésticos
- Ordenadores
- Teléfonos móbiles
- Téxtil e moda
Piensaenclima utiliza unha metodoloxía desenvolvida por Climate Counts que mide nunha escala de 0 a 100 puntos o compromiso das empresas fronte ao cambio climático.
O resultado de cada empresa determinouse analizando 22 criterios que miden:
- Se están a medir de maneira completa as súas emisións de carbono
- Se reducen de forma clara e decidida o seu impacto sobre o clima
- Se teñen e manifestan un compromiso claro fronte ao cambio climático e apoian o desenvolvemento de lexislación respecto diso
- Se informan pública e regularmente sobre os seus obxectivos, accións, reducións
As empresas máis valoradas do estudios foron: Carrefour, Motorola, Inditex, Sony e Toshiba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario