lunes, 1 de diciembre de 2008

AUTOBUSES ESTACION

Os autobuses urbanos de Valladolid converteranse en breve en estacións móbiles capaces de medir a contaminación ambiental. Trátase dun innovador proxecto desenvolvido coa colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente mediante o cal se pretende realizar un mapa de contaminación urbano.

Iniciativa apadriñada pola Comisión Europea, onde tamén participan países como Reino Unido, Francia e Bélxica. O sistema instalado ofrece dúas vantaxes principais respecto das estacións fixas, a primeira delas reside na ampliación da cobertura territorial e outra é o aforro de custos que co sistema actual de medida sitúase ao redor duns tres millóns. O obxectivo é que nun futuro tamén se poida medir o ruído e os campos electromagnéticos, de por exemplo estacións de telefonía ou liñas de alta tensión.

Por tanto con esta interesante iniciativa preténdese obter un mapa renovado da contaminación urbana, e co cal o usuario podería consultar a trabes dunha Web os niveis de contaminación e tamén poder realizar unha correcta xestión en caso de crise.

No hay comentarios: