Os autobuses máis ecolóxicos
O Concello de San Sebastián incorporará desde hoxe á flota de Dbus tres novos autobuses urbanos considerados como "máis ecolóxicos do mercado", e que reducirán as emisións de monóxido de carbono un 66,7 por cento.
O Consistorio donostiarra anuncia que a flota Dbus contará con máis autobuses ecolóxicos da marca MAN con tecnoloxía EEV (Vehículos ecolóxicos mellorados) nun futuro dentro do proxecto europeo CIVITAS Archimedes, no que a capital guipuscoana participa xunto con outras cinco cidades europeas que durante catro anos desenvolverán medidas orientadas a unha mobilidade sustentable.
Desta maneira, nos próximos meses incorporaranse "até vinte destes novos autobuses", que substituirán aos modelos máis antigos e contaminantes EURO 1, un investimento que ascende a un total de 4,6 millóns de euros financiada "parcialmente" pola Unión Europea

No hay comentarios:
Publicar un comentario