CHINA E INDIA PIDEN AXUDA
Ademais, dende Pequín estan sumamente interesados no achegue dos países ricos en materia de enerxías renovables. "Os países desenvolvidos deberían ter nos seus orzamentos un fondo para as transferencias de tecnoloxías", dixo Zhou Ji, un profesor da Universidade Popular e conselleiro gobernamental en materia de cambio climático.
Li Yan, unha militante da organización non gobernamental Greenpeace en China, indicou que esas cuestións financeiras serán "enerxicamente discutidas"
En Poznan, en momentos en que se produce unha desaceleración económica mundial. Segundo Li Yan, militante da organización non gobernamental Greenpeace en China, que irá á cidade polaca como observadora, os países en vías de desenvolvemento xa están a traballar na elaboración de plans concretos sobre a adxudicación de semellantes sumas de diñeiro e xa superaron a etapa de propostas vagas.
"Para eles, o control de emisións de gases con efecto invernadoiro está estreitamente vinculado á axuda dos países industrializados", dixo Li. Con todo, "China non se comprometerá sobre reducións de emisións durante esta conferencia", afirmou Zhou Ji. Nin China nin India queren que o seu crecemento se vexa obstaculizado polos obxectivos ambientais e afirman que os países industrializados son historicamente responsables da situación. Os países en vías de desenvolvemento non se viron limitados por obxectivos severos polo Protocolo de Kioto de 1997. Este é un dos principais argumentos de Estados Unidos para negarse a asinar ese tratado.
Con todo, China e India convertéronse en emisores cada vez máis importantes nos últimos anos. Estes dous países, que dependen en gran medida das enerxías fósiles, teñen un forte crecemento económico. China é, xunto con Estados Unidos, o maior contaminador do planeta, e India atópase entre os cinco primeiros. Polo que o seu rexeitamento respectos aos obxectivos ambientais cobra vital importancia
No hay comentarios:
Publicar un comentario