Proposta de emitir menos CO2 en coches
Os países da Unión Europea (UE) mostráronse dispostos a aceptar un obxectivo a longo prazo máis ambicioso para a redución de emisións de dióxido de carbono (CO2) para coches lixeiros, tal e como propuxera o Parlamento Europeo.
Introducir un límite de 95 gramos de CO2 por quilómetro para 2020 é crucial para a Eurocámara e os Vinte e sete parecen habelo entendido, segundo confirmaron a Efe fontes comunitarias.
O eurodiputado socialista Guido Sacconi, relator do informe no PE, foi máis lonxe e dixo hoxe nun comunicado que sentía satisfeito co avance dos contactos: "logramos definir, en termos xuridicamente vinculantes, un obxectivo de redución de CO2 a medio-longo prazo".
En liñas xerais, a Eurocámara defende unha opción máis ambiciosa que o orixinal da Comisión Europea; mentres que os 27 propoñen unha adaptación gradual do parqué automobilístico á esixencia de recorte das emisións.
Bruxelas propuxo en febreiro de 2007 reducir as emisións medias dos automóbiles novos até os 120 gramos por quilómetro a partir de 2012, fronte aos 160 gramos actuais.
Os países da UE queren que a aplicación da lexislación sexa gradual para facilitar a adaptación da industria, de maneira que só se obrigue a unha porcentaxe de vehículos (entre o 65% e 85%) de 2012 a 2015, até alcanzar o final do período.
Outro dos escollos na negociación é o sistema de sancións aos fabricantes infractores.
Barállanse cifras que van desde os 15 aos 25 euros polos tres primeiros gramos de CO2 emitidos por encima do límite (multa que aumentará gradualmente canto máis se contamine).
Tamén está sobre a mesa a opción de penalizar máis a medida que pase o tempo, de maneira que o primeiro ano sexa o máis barato.
Segundo fontes comunitarias, con independencia do sistema que se elixa hai unha máxima que debe respectarse: non pode saír máis barato pagar multas que investir.
As penalizacións non teñen por obxectivo recadar fondos nin castigar, senón incentivar e motivar aos fabricantes para que aposten por modernizar os motores para que contaminen menos.
A contaminación dos turismos representa na UE cerca do 12% das emisións globais de CO2, o que lle converte no segundo sector máis contaminante.
Fonte: EFE
2 comentarios:
Se podrá contaminar menos cuando haya más recursos y otro tipo de coches con energias renovables, mientrás que tengan gasolina o gasoy no prosperara nada...
Felicitaciones, muy interesante el post, espero que sigas actualizandolo!
Publicar un comentario