Novo record na eficiencia de celdas fotovoltaicas
Investigadores do Instituto Fraunhofer de Sistemas de Enerxía Solar (ISE), en Alemaña, anunciaron que conseguiron mellorar a eficiencia dunhas celas fotovoltaicas, cuxo propósito é converter a luz en electricidade. Este incremento vai desde 2,1% até o 39,7%, o que constitúe unha nova marca europea.
O coordinador do proxecto, o Dr. Frank Dimroth, explicou que dito equipo logrou mellorar as estruturas de contacto das celas fotovoltaicas. "Como consecuencia diso, empregando as mesmas estruturas de semiconductores, logramos unha maior eficiencia na conversión de luz solar en electricidade", informou. Cando a luz impacta nunha cela, parte daquela é absorbida polo material semiconductor. A grandes liñas, a enerxía da luz absorbida é transferida ao semiconductor.
Segundo os investigadores, a eficiencia óptima das celas fotovoltaicas multiunión debe situarse entre 300 e 600 soles para que poidan utilizarse en sistemas de concentración fotovoltaica. Noutras palabras, debe haber un factor de concentración da luz solar de entre 300 e 600.
En 2006, os investigadores do Instituto Fraunhofer ISE puxéronse a traballar nos cálculos teóricos para pescudar cales eran as estruturas de contacto óptimas. En xullo deste ano conseguiron unha eficiencia das células fotovoltaicas do 37,6%. Este logro dos científicos do ISE supón un gran avance no desenvolvemento de aplicacións terrestres máis rendibles con este tipo de celas fotovoltaicas.
Os científicos indicaron que levan máis dunha década traballando en células fotovoltaicas multiunión de gran eficiencia. Con todo, os elevados custos asociados aos materiais e a produción restrinxen o seu uso a aplicacións espaciais e sistemas FV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario