Axentes Químicos
Entre 1962 e 1971 preto de 75 millóns de litros de herbicidas foron lanzados sobre territorio vietnamita desde os avións norteamericanos para despexar os bosques e facilitar así os bombardeos da poboación. Entre os produtos que caeron desde o ceo atopábase o axente laranxa, un dos pesticidas máis famosos daquela guerra e que máis repercusiones trouxo desde entón para a saúde dos combatientes de ambos bandos.
O Axente Laranxa é unha mestura de dúas herbicidas hormonales: o 2,4-D e o 2,4,5-T. Por cuestións de negligencia e présa pola súa utilización, durante a Guerra de Vietnam, foi producido cunha purificación inadecuada, presentando contidos elevados dun subproducto cancerígeno.
O lema que utilizaban os "Ranch Hand" para facer propaganda deste produto cos vitnamitas era "Só ti podes evitar os bosques". Por desgraza para eles non se daban conta que se esta dioxina mataba dunha forma tan violenta as árbores, tamén os podía matar a eles.
Corenta anos despois a poboación e os soldados estadounidenses aínda está sufirendo as secuelas do coñecido "Axente Naranaja". En Vietnam naceron uns 50.000 nenos con malformaciones, fillos ou netos de pais rociados co tóxico ou expostos a el a través de alimentos ou auga contaminados. O risco de morrer de cancro entre homes e mulleres expostos ao produto trala guerra é 30 por cento superior ao normal, segundo diversos estudos. Hoxe, tres millóns de vietnamitas e decenas de miles de estadounidenses veteranos da guerra de Vietnam sofren os efectos desa sustancia no organismo.
En 1984, unha acción xudicial impulsada por veteranos de guerra estadounidenses contra as compañías químicas suministradoras do Axente Laranxa desembocou nun acordo de pagar 180 millóns de dólares a 291.000 veteranos afectados. Con todo, no ano 2004, as demandas presentadas pola Asociación Vietnamita de Vítimas do Axente Laranxa (VAVA. Vietnamese Association of Victims of Agent Orange), foron rexeitadas. Segundo o xuíz Jack Weinstein "non existen bases legais que xustifiquen as demandas das 4.000.000 de vítimas vietnamitas do axente laranxa". Jack Weinstein é o mesmo xuíz que levou o caso no ano 84 dos veteranos de guerra estadounidenses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario